lunes, 30 de septiembre de 2024

Martes 1 de Outubro de 2024

                                 Moi bo día de Martes!!



Hoxe os nenos e nenas de 2º A teredes clase de Educación Física con Antón e os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.

Imos cas rutinas diarias.
  • Completade o calendario: Hoxe comezamos un novo mes. A ver quen sabe responder estas preguntas:
          • Qué mes comeza hoxe?
          • Cántos dias ten?
          • En que estación do ano estamos?
          • Qué acontecementos importantes ocorren neste mes?
          • Deixovos a plantilla de calendario para que empecedes o novo mes, recordade retirar do ficheiro o mes de Setembro e completar a gráfica do tempo!!
  • ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Xa chegaron as libretas así que hoxe comezaremos a utilizalas e plasmado nel o que levamos traballando sobre o Abecedario. Prestade moita atención!!!
Abecedario libreta
  • ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Continuaremos rematando o traballo sobre os números e a súa orde.

Despois teredes tempo de ir aos recunchos, lectura merenda xogos e diversión.
Ata mañán!!


domingo, 29 de septiembre de 2024

Luns 30 de Setembro de 2024

 Moi bos días segundinis!!

Comezamos unha nova semana de cole.



Os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.
Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
No resto da mañá:
No ámbito lingüístico remataremos o traballo que temos sobre 

No ámbito matemático remataremos o traballo comezado.
Bueno, deixovos traballar...
Empezade polo CALENDARIO
Ata mañán amiguiñ@s!!




jueves, 26 de septiembre de 2024

Venres 27 de Setembro de 2024

     Bos días!!

Xa chegamos ao final desta semana de cole.

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Imos cas rutinas:

1. CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO:

Expresión escrita

3. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO:

 Practicamos as sumas

Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura.

A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!



miércoles, 25 de septiembre de 2024

Xoves 26 de Setembro de 2024

                                  Bos días!!

Xa estamos a Xoves.

Os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.

No resto da mañán faremos.

1.CALENDARIO: Completando o tempo, escribindo a data e a frase do día.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a compresión e a expresión escrito con estas fichas relacionadas co outono:

Comprensión

Ordena y completa

Sopa de letras

3. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: 

Ordenar números

No tempo de lectura hoxe toca lectura individual dos contos que temos na caixa.

E coma sempre, ao rematar o traballo vos quedará un ratiño de descanso indo aos recunchos.

Ata mañán segundinis!!!

martes, 24 de septiembre de 2024

Mércores 25 de Setembro de 2024

 Bos días amiguiñ@s!!!

Xa chegamos á metade da semana.



Todos os mércores os nenos e nenas de 2ºA empezades a mañán ca Teacher Rocío e a súa clase de Inglés.
Os de 2º B iredes con Maricha á clase de Educación Física a mover o esqueleto!!

Imos comezar a mañán cunha canción de Magin Blanco asociada ó alfabeto.
Comezamos xa cas rutinas diarias.
  • CALENDARIO
  • ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballo do abecedario
  • ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Dictado numérico 
  • ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Descubrindo o outono. Conto do Rato Renato.
Vémonos mañán!!

lunes, 23 de septiembre de 2024

Martes 24 de Setembro de 2024

 Moi bo día de Martes!!

Hoxe os nenos e nenas de 2º A teredes clase de Educación Física con Antón e os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.

Imos cas rutinas diarias.
  • Completade o calendario
  • ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Continuamos traballando o abecedario.
Abecedario libreta
  • ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO:
Anterior-Posterior
  • ÁMBITO COÑECEMENTO DO MEDIO: O Outono xa chegou.

Despois teredes tempo de ir aos recunchos, lectura merenda xogos e diversión.
Ata mañán!!


domingo, 22 de septiembre de 2024

Luns 23 de Setembro de 2024

 Moi bos días segundinis!!

Comezamos unha nova semana de cole.


Unha semana na que estreamos unha nova estación, alguén sabe cal??
Escoitemos unha canción sobre ela:
Os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.
Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
No resto da mañá, xa vos adiantei o venres que comezaríamos a traballar nos ámbitos de 2º.
No ámbito lingüístico empezaremos co ABECEDARIO OU ALFABETO.
- Ficha completa.
No ámbito matemático recordaremos e afondaremos nas familias dos números e os seus nomes.
Bueno, deixovos traballar...
Empezade polo CALENDARIO rutina que faredes todos os días, aqui vos deixo a plantilla:
Ata mañán amiguiñ@s!!




jueves, 19 de septiembre de 2024

Venres 20 de Setembro de 2024

                                  Bos días!!

Xa chegamos ao final desta semana de cole.

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Completade o calendario e despois seguide cos traballiños empezados, o luns empezaremos xa con novas cousiñas de segundo que xa estades preparadísimos para empezar!!

Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura.

A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!


miércoles, 18 de septiembre de 2024

Xoves 19 de Setembro de 2024

 Bos días!!

Xa estamos a Xoves.

Os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.

No ámbito lingüístico traballaremos o dictado de palabras e formaremos frases a partir delas.

Imaxe e debuxo

No ámbito matemático continuaremos recordando cousiñas relacionadas ca decena.

E coma sempre vos quedará un ratiño de descanso indo aos recunchos.

Ata mañán segundinis!!!

martes, 17 de septiembre de 2024

Mércores 18 de Setembro de 2024

 Bos días amiguiñ@s!!!

Xa chegamos á metade da semana.


Todos os mércores os nenos e nenas de 2ºA empezades a mañán ca Teacher Rocío e a súa clase de Inglés.
Os de 2º B iredes con Maricha á clase de Educación Física a mover o esqueleto!!
O resto da mañán adicarémolo a completqr o calendario ca nosa frase do día e despois seguiremos cos traballiños de avaliación inicial.
Por certo, quen me recorda que era unha decena??
Chaitooo

lunes, 16 de septiembre de 2024

Martes 17 de Setembro de 2024

 Moi bo día de Martes!!

Hoxe os nenos e nenas de 2º A teredes clase de Educación Física con Antón e os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Imos comezar recordando os meses do ano e as estacións cunha canción xa que me pareceu que algún e algunha os esquecístedes nestas vacacións
AGora xa vos deixo cas vosas rutinas.
Completade o calendario e despois deixovos esta prposta de traballo do ámbito matemático
Despois teredes tempo de ir aos recunchos, lectura merenda xogos e diversión.
Ata mañán!!


domingo, 15 de septiembre de 2024

Luns 16 de Setembro de 2024

 Moi bos días!!

Comezamos unha nova semana de cole.


Os dous grupos de 2º comezades a semána con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.
Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
No resto da mañá, hoxe continuaremos comprobando o que recordamos de 1º facendo as avaliacións iniciais.
Hoxe adicarémos o tempo as Matemáticas.
Recordade ademáis que hoxe é Luns e falaremos da fin de semana e practicaremos a expresión escrita escribindo nas nosas libretas ( cando chegen da libraría)
Bueno, deixovos traballar...
Empezade polo CALENDARIO rutina que faredes todos os días, aqui vos deixo a plantilla:
Ata mañán amiguiñ@s!!




jueves, 12 de septiembre de 2024

Venres 13 de Setembro de 2024

 Bos días!!

Xa chegamos ao final desta primeira semana de cole.

Qué rapido pasou...

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Hoxe imos ver se nos olvidamos de cousiñas aprendidas en 1º cunhas fichas de repaso e avaliación inicial.

ESCRIBIR NOMBRES

LEE Y DIBUJA

COMPRENSIÓN LECTORA

PINTAMOS E CONTAMOS

Despois iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura.

A continuación tedes clase de algúns de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!



miércoles, 11 de septiembre de 2024

Xoves 12 de Setembro de 2024

 Moi bos días!!

Xa estamos no 2º día de cole.

Continuamos recordando cousiñas sobre nós, propóñovos un xogo:

TIRA Y DINOS

Ademais hoxe os nenos e nenas de de 2ºB teredes clase de Inglés e coñeceredes a Teacher Rocío que de seguro vos enseñará moitas cousas e o pasaredes moi ben con ela!!


Despois iremos ao recreo a merendar e xogar.
Cando voltemos á clase leeremos un conto e faremos unha manualidade sobre él.
Espero o dosfrutedes a tope!!
Ata mañán amig@s!!!


martes, 10 de septiembre de 2024

Mércores 11 de Setembro de 2024

MOI BOS DIAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!!

QUE GANIÑAS TIÑA DE VERVOS!!!

 BENVIDAS E BENVIDOS AO COLE E AO NOVO CURSO DE 2º DE PRIMARIA!!!!!  

AINDA QUE AGORA QUE ME FIXO... TEMOS CARAS NOVAS... E ADEMÁSI TEDES QUE PERDOARME PERO A MIÑA MEMORIA É MOI MALA E NON RECORDO OS VOSOS NOMES... ASÍ QUE QUÉ VOS PARECE SE EMPEZADES RECORDÁNDOME CMO VOS CHAMADES E DE PASO ME DECIDES A VOSA COR FAVORITA??
Empeza ti PROFE!!!

Preséntome agora eu, son BLOGUE DOS SEGUNDINIS, que vos levará a comezar cada día de cole cos vosos compañeiros e compañeiras, con todas e todos os profes e con toda a comunidade educativa na que están incluídas as vosas familias que tamén poderán ver este blogue dende a casa.


Desexo que este curso veña cargado de bos momentos e que aprendamos moitas cousas xuntos e xuntas!!!!!

Imos comezar este bonito día escoitando e cantando unha cancion sobre o cole...
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!! 

Hoxe adicaremos o día a recordar os bos momentos deste verán así que vos propoño estas actividades.
Volvemos mañá con mais cousas!!!!
Que vos divirtades moito!!!!

Venres 11 de Outubro de 2024

  B os días!! Xa chegamos ao final desta semana de cole. Coma todos os venres imos despedir a semana cantando CANCIÓN Imos cas rutinas: 1. C...