Bos días amiguiños e amiguiñas!!!
Xa estamos a Xoves, rematando esta 1ª semana de cole despois das vacacións de Semana Santa.
Unha semana curtiña de tan só catro días.
Recordades que conmemoramos onte??
Sí, o día do libro... imos recordalo cantando a CANCIÓN
Imos xa dar paso á lectura do que imos facer hoxe:
2ºA empezou a mañán ca Teacher Rocío e a súa clase de Inglés.
2º B ten clase con Maricha de Educación Física antes do recreo.
Nos ámbitos...
1.CALENDARIO:Completamos o tempo, escribimos a data e a frase do día.

2.ÁMBITO ARTÍSTICO: Faremos os "portalibros divertidos" para suxeitar os libros que preparástedes onte. Xa sabedes que podedes utilizar todos os materiais que se vos ocurran para que quede ao voso gusto. Estou desexando velos!!
3.ÁMBITO LINGÜÍSTICO e COÑECEMENTO DO MEDIO:Por fin comezamos cas exposicións dos Lapbook.
Hoxe será o turno de Iker de 2ºA e Iago de 2ºB.
Recordade todo o que tedes que facer para que sexa unha boa exposición oral: saúdo, ton de voz e velocidade axeitada, boa pronunciación... e non vos esquezades de despedirvos ao rematar e saber se quedan dúbidas nos vos@s compañeir@s.
Completaremos para finalizar o noso libriño de animais e así iremos rexistrando toda a información que nos ensinarán os nos@s compis.
QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA DE XOVES!!!!
Ata mañá!!!
💙💚💛💜💙💚💛💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario