MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!
Xa é VENRES!!!
Despidamos a semana como se merece, con ritmo!!
IMOS VER QUE TOCA FACER HOXE...
1.CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día.

2. AMBITO LINGÜÍSTICO: Repasaremos a ortografía b/v, h, ll/y, j/g xogando cos tableiros e anotando nas nosas libretas de ler e escribir aquelas palabras que vaian xurdindo.
3. ÁMBITO MATEMÁTICO- ARTÍSTICO: Seguimos practicando a multiplicación, esa operación tan útil que nos sirve para calcular sumas dun mesmo número rápidamente.
4.ÁMBITO LINGÜÍSTICO e COÑECEMENTO DO MEDIO:Por fin comezamos cas exposicións dos Lapbook.
Hoxe será o turno de Roi de 2ºA e Martín de 2ºB.
Recordade todo o que tedes que facer para que sexa unha boa exposición oral: saúdo, ton de voz e velocidade axeitada, boa pronunciación... e non vos esquezades de despedirvos ao rematar e saber se quedan dúbidas nos vos@s compañeir@s.
Completaremos para finalizar o noso libriño de animais e así iremos rexistrando toda a información que nos ensinarán os nos@s compis.
Despois do recreo 2ºA e 2ºB tedes RELIXIÓN coa profe PILI e PROXECTO COMPETENCIAL coa profe SILVIA