miércoles, 8 de enero de 2025

Xoves 9 de Decembro de 2025


OLA A TODAS E A TODOS!!!!

Pensábades que me esquecera de vós?? 

Pois claro que NON, a verdade e que vos botei moito en falta e pensei que vós entre tanta cousa que tiñades que contar pois non preguntaríades nin por min.

Gustoume moito escoitarvos!!

Comezamos NOVO TRIMESTRE con novas cousiñas para aprender, recordar e disfrutar.

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏



AGORA IMOS COAS TAREFAS DESTE DÍA....



Os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.

Quen é hoxe @ encargad@? Que veña a ler o que queda do blogue!!

No resto da mañán faremos.

1.CALENDARIO: Comezamos novo mes de Xaneiro completando os días da semana, o tempo atmosférico e a frase do día. Recordade que comezamos novo ano 2025.

2. ÁMBITO MATEMÁTICO: Repasamos as moedas e os billetes que xa traballamos o curso pasado.

Vexamos estos videos: Qué es el dinero? Euros

3. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos na libreta de ler e escribir contando cousiñas sobre estas Festas de Nadal. Escribiremos unha Lista de agasallos e pegaredes os recortes dos folletos que utilizástedes onte. 

4. HORA DE LER: No tempo de lectura hoxe ven Gabriela a facernos lectura en Inglés!! E tamén leremos un novo capítulo do noso amigo LOBO LUBAS.

Ata mañán segundinis!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 20 de Xuño de 2025

                                           Bos días!!                Chegou o último día deste curos 2024-25. Escoitade esta canción  EL COL...