domingo, 27 de abril de 2025

Luns 28 de Abril de 2025

 BO DÍA A TODAS E A TODOS E BO COMEZO DE SEMANA!!!!

Voltamos ao cole na derradeira semana deste mes de abril... 
Cántos días quedan?
Qué mes chega despois de abril?
Recordamos os meses cantando?
Ademais esta semana é moi curtiña, xa que só teremos 3 días de clase...
Por certo... a ver si me podedes axudar. 

Esta fin de semana vin nas portas dalgunha casa e nalgún coche había unhas ramiñas de xesta colgadas... sabedes por qué? 
Agradeceríavos que o falásedes cos vosos pais, nais, e outros familiares a ver si nos poden axudar a descubrir si é por algún motivo ou tradición.
Estou desexando que me contedes!!
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Imos ver que nos toca facer hoxe...

Todos os luns o nenos e nenas de 2º comezades a semana ca clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
Nos ámbitos traballaremos...
1. CALENDARIOCompletando o tempo atmosférico, a data e a frase do día. 
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando que tal vos foi nesta fin de semana. Ademáis a 2ºB virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós.
3. ÁMBITO MATEMÁTICO- ARTÍSTICO: Repasaremos o visto sobre as liñas e a geometría xa que pronto avaliaremos o que aprendimos

4.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Continuamos coas exposicións dos Lapbook. Hoxe é o turno de Leti de 2ºA e de Uxía de 2ºB.
                 
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 

Martes 22 de Setembro de 2026

OLA OLA!!!! Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Cantamos un pouco????? O OUTONO Pois non sei se v...