xoves, 7 de novembro de 2024

Venres 8 de Novembro de 2024

 Bos días!!

Xa chegamos ao final desta semana de cole e 1ª semana de Novembro.

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Contáronme que hoxe ca axuda da profe Nuria ides facer algo que creo vos gustará moito... xa me contaredes!!

Imos cas rutinas:

1. CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Faremos unha expresión escrita relacionada ca actividade que faremos ca profe Nuria.

3. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Continuamos traballando contidos relacionados ca centena e as operacións de suma e resta.

4. Seguimos a lectura de Lobo Lupas 2, un novo capítulo.

Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura en Inglés con GABRIELA!!

A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día os de 2ºB Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!




Mércores, 25 de marzo de 2026

  Moi bo día, equipo! 🌈✨ Despois de dous días intensos de aventuras fóra do cole volvemos á base con moitísima enerxía. 🚀🔋 Aínda que hoxe...