lunes, 31 de marzo de 2025

Martes 1 de Abril de 2025

                    BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

Todos os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.
   
                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío                                        
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos, pero antes deixovos un conto do mes de Abril para que escoitedes. A ver si vos gusta:
E por certo... o libro viaxeiro volveu??

1.CALENDARIO: Empezamos novo mes e polo tanto novo calendario!! Xa se vai notando que imos cara final de curso e cada día o facedes mellor. Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.
Ademais traballaremos na libreta de Le-lingua cos verbos en pasado, presente e futuro.

3.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO
Seguimos traballando no proxecto " Ao noso redor"
Xa pronto empezaredes cas exposicións dos lapbooks non??
4. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSITICO:  Seguimos practicando a multiplicación. Hoxe adicarémonos a ir de 2 en 2 en distintas actividades para así cada vez ser máis rápidos en cálculo mental!!.
Pero por certo... moitas veces escoito aos maiores falar das tablas de multiplicar... qué é iso? Sabedes explicalo? Temos aqui un capítulo dos nosos amigos os numberblocs que igual vos axuda a entendelo mellor!!

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

domingo, 30 de marzo de 2025

Luns 31 de Marzo de 2025

 BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Hoxe comezamos este día despedindo ao mes de marzo xa que hoxe é o derradeiro día deste mes.


Marzo foi un mes no que disfrutamos do entroido e demos paso á estación da primavera.
Quédanos un recordo moi bonito deste mes!!!! 
Todos os luns 2º comezades a semana ca clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
Onde está o libro viaxeiro? Xa debe estar rematando unha desas historias...
IMOS VER AS TAREFAS PARA O DÍA DE HOXE...


1. CALENDARIOCompletamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día. Ademais hoxe remata o mes así que completamos a gráfica do tempo deste mes de Marzo.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir". Hoxe adicarémola ao mes de Marzo facendo un resumo do tempo atmosférico e dos eventos e actividades que mais destacades del. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós.

3.ÁMBITOMATEMÁTICOARTÍSTICO: Continuamos coa práctica da multiplicación.
4.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Seguimos avanzando no coñecemento dos seres vivos do noso arredor e as súas características.
                 
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 

viernes, 28 de marzo de 2025

Venres 28 de Marzo de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Xa é VENRES!!!


Antes de ver o que imos facer hoxe... onde está o libro viaxeiro?? Estou desexando escoitar como vai a historia que xa debe estar a piques de rematar!!
IMOS VER QUE TOCA FACER HOXE...

1.CALENDARIOCompletamos o tempo e escribimos a data e a frase do día. 
             

2. AMBITO LINGÜÍSTICO:Continuamos traballando os contos e darémoslle forma facendo contos infinitos. despois poderemos compartilos cos nos@s compañeir@s. Estou desexando escoitalos!!
3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Seguimos traballando os animais. Hoxe centrarémonos na súa alimentación.
Deixovos uns videos que teñen información para despois traballala entre tod@s.
4. ÁMBITO MATEMÁTICO- ARTÍSTICO: Seguimos practicando a multiplicación, esa operación tan útil que nos sirve para calcular sumas dun mesmo número rápidamente.

Despois do recreo 2ºA e 2ºB tedes RELIXIÓN coa profe PILI e PROXECTO COMPETENCIAL coa profe SILVIA
    
2º B Acabades a mañán con Educación Física e a profe Maricha.

QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE VENRES E FELIZ FIN DE SEMANA!!!!
Volvemos o luns!!!! 
💙💚💛💜

jueves, 27 de marzo de 2025

Xoves 27 de Marzo de 2025

  OLA A TODAS E A TODOS!!!!

Coma todos os Xoves, os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.
AGORA IMOS COAS TAREFAS DESTE DÍA....
Non sin antes ler a parte correspondente ao libro viaxeiro. Adiante!
  

1.CALENDARIO: Completamos a data, o tempo atmosférico e a frase do día.

2. ÁMBITO MATEMÁTICO - ARTÍSTICO: Avanzaremos na práctica da multiplicación.



3. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Leremos un novo capítulo do noso amigo O Lobo Lupas.

Traballaremos o conto e a escritura creativa na libreta de ler e escribir.
4. HORA DE LER: No tempo de lectura hoxe ven Gabriela a facernos lectura en Inglés!! 

5. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Continuamos clasificando os animais.
Ata mañán segundinis!!!



miércoles, 26 de marzo de 2025

Mércores 26 de Marzo de 2025

                       BO DÍA DE MÉRCORES!!



2ºA empeza a mañán ca Teacher Rocío e a súa clase de Inglés.
2º B ten clase con Maricha de Educación Física antes do recreo.

Ademais hoxe teredes visita!! Veñen os avoiños e avoiñas do centro de día a que lle ensinedes os xogos que preparástedes este curso para as distintas conmemoracións. Espero que o disfrutedes moito!!

Quén é encargad@ e nos le as tarefas de hoxe?
Non sin antes ler o libro viaxeiro, a ver cómo vai esa historia!!

1.CALENDARIO:Completamos o tempo, escribimos a data e a frase do día.
                           
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Continuamos traballando o Verbo. Farémolo nas tablets.

3.ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos coa práctica da multiplicación. 
4. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Seguimos traballando os animais e as diferentes clasificacións.
Deixovos uns videos de repaso:
Ata mañá!!!!!!


martes, 25 de marzo de 2025

Martes 25 de Marzo de 2025

                          BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

Todos os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.
   
                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío                                        
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos, non sin antes ler o libro viaxeiro:

1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.

3.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO
Seguimos traballando no proxecto " Ao noso redor" Hoxe falaremos dos animais e veremos lagunhas clasificacións 
4. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSITICO:    Seguimos practicando a nova operación.


 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

lunes, 24 de marzo de 2025

Luns 24 de Marzo de 2025

OLA A TODAS E A TODOS!!!

Damos comezo a unha nova semana de clase neste mes de marzo!!!!!!
Cómo vos foi na fin de semana???? 
Imos falar un pouco sobre isto e despois faredes a tarefa no voso caderno.

🌺🐝🌻🐞🌼🐛🌹🐜🌺🐝

Apetécevos escoitar a canción da primavera para empezar a semana con enerxía?

CANCIÓN


Os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
Onde está o libro viaxeiro?
IMOS VER AS TAREFAS PARA O DÍA DE HOXE...



1. CALENDARIOCompletamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día. 
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando o que fixemos esta fin de semana. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós a conciencia semántica con distintas actividades. 
E temos tamén tarefa de avaliación de contidos deste 2º trimestre que está rematando.

3.ÁMBITOMATEMÁTICOARTÍSTICO: Continuamos coa práctica da multiplicación.
                 
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 


Venres 20 de Xuño de 2025

                                           Bos días!!                Chegou o último día deste curos 2024-25. Escoitade esta canción  EL COL...