domingo, 30 de marzo de 2025

Luns 31 de Marzo de 2025

 BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Hoxe comezamos este día despedindo ao mes de marzo xa que hoxe é o derradeiro día deste mes.


Marzo foi un mes no que disfrutamos do entroido e demos paso á estación da primavera.
Quédanos un recordo moi bonito deste mes!!!! 
Todos os luns 2º comezades a semana ca clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
Onde está o libro viaxeiro? Xa debe estar rematando unha desas historias...
IMOS VER AS TAREFAS PARA O DÍA DE HOXE...


1. CALENDARIOCompletamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día. Ademais hoxe remata o mes así que completamos a gráfica do tempo deste mes de Marzo.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir". Hoxe adicarémola ao mes de Marzo facendo un resumo do tempo atmosférico e dos eventos e actividades que mais destacades del. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós.

3.ÁMBITOMATEMÁTICOARTÍSTICO: Continuamos coa práctica da multiplicación.
4.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Seguimos avanzando no coñecemento dos seres vivos do noso arredor e as súas características.
                 
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 

Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...