luns, 15 de setembro de 2025

Martes, 16 de setembro de 2025

OLA DE NOVO!!!! OS SEGUNDINIS ESTAMOS AQUÍ OUTRA VEZ!!!! 
E por qué estamos no cole?????  
A qué vimos????
Hai moitas cousas polas que vimos ao cole e todas elas son importantes.
Imos visualizar un video que nos explica por qué é importante vir á escola.

E antes de pasar ás tarefas do día imos cantar con "Micro y su banda" unha canción moi especial!!!!

DURANTE A XORNADA LECTIVA DE HOXE TRABALLAREMOS ...
  • Contidos de mates e linguas para facer repaso do traballado o curso pasado.
  • Lectura do Lobo Lupas para coller fluidez lectora.
  • Traballos artísticos.
Os dous grupos de 2ºA e 2ºB teremos clases de especialidades de:

 E. F. con Maricha e Antón

Desexamos que teñades un bo día de martes e que disfrutedes moito!!!!
Volvemos mañá!!!
As profes de 2º 💙💚💛💜


    Mércores, 25 de marzo de 2026

      Moi bo día, equipo! 🌈✨ Despois de dous días intensos de aventuras fóra do cole volvemos á base con moitísima enerxía. 🚀🔋 Aínda que hoxe...