luns, 26 de xaneiro de 2026

Martes, 27 de xaneiro de 2026

Hoxe é martes e, por fin, volvemos ao cole despois duns días sen clase nos que o tempo decidiu mandar máis ca nós. Agardamos que todas e todos esteades ben, con historias que contar… e con moitas ganas de poñernos de novo en marcha.

Comezaremos, como cada mañá, coa nosa asemblea, un espazo para organizarnos, compartir ideas e espertar o cerebro con tranquilidade.

Ao longo da mañá traballaremos Matemáticas e Lingua.
👉 En Lingua, aproveitaremos para preparar contidos que plasmar no mural polo Día da Paz, que celebraremos no cole o 30 de xaneiro, reflexionando sobre o respecto e a amizade."

Tamén teredes Inglés coa teacher Rocío, onde seguiredes practicando e collendo confianza pouco a pouco.

Chegará o momento de Educación Física co mestre Antón, perfecto para mover o corpo e recargar enerxías.

E para pechar o día, desfrutaredes de Ciencias coa mestra Rocío, descubrindo datos curiosos e aprendendo cousas novas.

Preparamos a mochila, levamos un sorriso e moitas ganas de aprender.
Mañá máis e mellor!

Un saúdo,
A profe Sara 💙

Mércores, 25 de marzo de 2026

  Moi bo día, equipo! 🌈✨ Despois de dous días intensos de aventuras fóra do cole volvemos á base con moitísima enerxía. 🚀🔋 Aínda que hoxe...