Hoxe é mércores, 21 de xaneiro, e imos comezar a xornada escoitando a canción “Xa chega o inverno”, para entrar en ambiente e espertar corpo e mente.
Despois, iniciaremos o día coa asemblea, organizándonos e compartindo ideas.
Ao longo da mañá traballaremos Matemáticas, resolvendo problemas e poñendo a funcionar a cabeza. Tamén leremos un novo capítulo do Lobo Lupas, que nos ten cada vez máis enganchados, e faremos expresión escrita, creando minihistorias , seguro que saen relatos MOI ORIXINAIS!.
Ademais, teredes Música coa mestra Geni e Ciencias coa mestra Rocío.
Despedímonos por hoxe, cun sorriso e moitas ganas de seguir aprendendo mañá.
Un saúdo,
A profe Sara 💚