🌞 Moi bo día a todas e a todos!
Comezamos este novo día compartindo un ratiño xuntos na nosa asemblea. Hoxe será a encargada ou o encargado do día quen nos guíe e nos acompañe durante este momento tan especial.
Antes de comezar, lembramos que hoxe estamos a 2 de febreiro e damos a benvida a un novo mes. Para celebralo, imos comezar cantando todos xuntos a canción “Os meses do ano”.
Ao longo da mañá traballaremos Linguas e Matemáticas, e tamén teremos un espazo dedicado á lectura, no que descubriremos un novo capítulo do noso querido Lobo Lupas 📖🐺.
Ademais, contaremos con Inglés coa teacher Rocío, así como Relixión e Proxecto Competencial coas profes Pili e Silvia.
Seguimos aprendendo xuntos cada día 💙