martes, 3 de febreiro de 2026

Mércores, 4 de febreiro de 2026

Bo día!

Hoxe, mércores 4 de febreiro, damos comezo a unha nova xornada con moita enerxía e ilusión. Comezaremos o día coa asemblea, un momento para organizarnos, conversar e compartir ideas entre todos.

Ao longo da mañá traballaremos Matemáticas, resolvendo problemas e poñendo en marcha o pensamento lóxico e Linguas. Tamén continuaremos coa lectura dun novo capítulo do Lobo Lupas



Hoxe comezaremos a traballar nos disfraces do Entroido, transformando ideas en creacións cheas de cor e orixinalidade. Deixaremos voar a imaxinación, xogaremos coa creatividade e daremos forma aos disfraces cos que celebraremos esta festa tan especial.
 

 Teredes Música coa mestra Geni.

Teredes Ciencias coa mestra Rocío.


Rematamos a xornada cun sorriso e coas ganas de seguir descubrindo cousas novas mañá.


Un saúdo,
A profe Sara 💚

<a href="https://www.flaticon.es/iconos-gratis/escribir" title="escribir iconos">Escribir iconos creados por Freepik - Flaticon</a>
<a href="https://www.flaticon.es/iconos-gratis/musica" title="música iconos">Música iconos creados por Freepik - Flaticon</a>
<a href="https://www.flaticon.es/iconos-gratis/naturaleza" title="naturaleza iconos">Naturaleza iconos creados por Dewi Sari - Flaticon</a>

Mércores, 25 de marzo de 2026

  Moi bo día, equipo! 🌈✨ Despois de dous días intensos de aventuras fóra do cole volvemos á base con moitísima enerxía. 🚀🔋 Aínda que hoxe...