mércores, 25 de febreiro de 2026

Xoves, 26 de febreiro de 2026




 Moi bo día a todos e a todas! 💙


Xa tedes a voz lista? Pois veña, a cantar os 'Bos días' coma só nós sabemos! 🎶



BUENOS DÍAS

Hoxe imos paseniño pero sen pausa. Primeiro, un ratiño de asemblea para espertar a mente e charlar un pouco. Máis tarde, mergullarémonos nas letras e visitaremos a biblioteca. Non nos esqueceremos de darlle ao coco nas Matemáticas nin de sacar o noso lado máis creativo en Plástica (estades listos para a sorpresa de hoxe?). 

Para rematar, teredes Ciencias coa profe Rocío.

A por todas, campións e campioas!

Unha aperta,
A profe Sara 💚

Mércores, 25 de marzo de 2026

  Moi bo día, equipo! 🌈✨ Despois de dous días intensos de aventuras fóra do cole volvemos á base con moitísima enerxía. 🚀🔋 Aínda que hoxe...