domingo, 1 de marzo de 2026

Luns, 2 de marzo de 2026

 

🌞 Moi bo día a todas e a todos!

Agardamos que viñerades coas pilas cargadas despois dunha fin de semana estupenda 😊.

Comezamos este novo día compartindo un ratiño xuntos na nosa asemblea, guiados hoxe polo noso encargado ou encargada do día, que será quen nos axude a organizar a xornada.

Para activarnos ao máximo, hoxe imos comezar bailando. Non hai mellor xeito de darlle a benvida a este 2 de marzo que movendo o corpo coa canción:


Unha vez que teñamos o ritmo no corpo, poñerémonos mans á obra:

  • Linguas e Matemáticas: Seguiremos aprendendo cousas novas ao longo da mañá.

  • Lectura: Viaxaremos de novo coas aventuras do noso querido Lobo Lupas 📖🐺.

  • Especialistas: Hoxe tamén nos visitarán a teacher Rocío para Inglés, e as profes Pili e Silvia para Relixión e Proxecto Competencial.

Marzo arranca con moita enerxía e moitas ganas de aprender xuntos! 💙

Un saúdo,

A profe Sara 💙

Mércores, 25 de marzo de 2026

  Moi bo día, equipo! 🌈✨ Despois de dous días intensos de aventuras fóra do cole volvemos á base con moitísima enerxía. 🚀🔋 Aínda que hoxe...