domingo, 24 de setembro de 2023

Luns, 25 de setembro de 2023

MOI BO DÍA DE COMEZO DE SEMANA!!!!
Como vos foi na fin de semana??????
Seguro que fixestes un montón de cousas e que disfrutastes moito...
Pois xa postos hoxe imos comezar a traballar a EXPRESIÓN ESCRITA, así podédesnos contar sobre a vosa finde!!!!!

Recordade que hoxe comezades as vosas presentacións! 
A ver que nos conta hoxe Hugo xa que é o ENCARGADO de día e ten que presentarse!!!!
Vemos o que faremos hoxe?????
 CLASE DE INGLÉS coa TEACHER BELÉN!!!
ASAMBLEA
           Data
           Tempo
           Emocións
           Autobús, comedor, nenos-a para casa.
PRESENTACIÓN Tarefa "Todo Sobre Min"
           Tempo no día de hoxe 
           Data
           Frase do día.
 TRABALLO EXPRESIÓN ESCRITA
"Mi Fin De Semana"
CLASE DE RELIXIÓN E PROXECTO COMPETENCIAL CON PILAR E SARA 
           
                  PATIO                 MERENDA               XOGO
  TEMPO DE LECTURA!!!
  TRABALLO EXPRESIÓN ESCRITA
Continuamos co traballo "Mi Fin De Semana"
  TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO Comezamos coa escritura dos números ata o 100!
 Esperamos que este luns nos dea un bo comezo da semana!!!!
Ata mañá!!!

xoves, 21 de setembro de 2023

Venres, 22 de setembro de 2023

MOI BO DÍA DE VENRES A TODAS E A TODOS!!!!
Xa rematamos a 2ª semana de cole!!!!
Queredes saber unha cousa....???
Aínda que o propio día do cambio será mañá, hoxe imos despedirnos da estación que mais nos gusta do ano, O VERÁN e dámoslle a benvida á seguinte estación que é o .....
OUTONO!!!!!!!
Aínda que no outono xa cambia a temperatura hai cousas moi boas e bonitas para disfrutar desta estación... xa as iremos recordando...
Outra cousa...
É VENRES!!!!! Que pasa os venres?????
Cantamos?????

Recordade que neste día de venres imos ver como se fai a actividade de PRESENTACIÓN e..... quen se vai presentar hoxe?????? 👏👏👏👏👏👏

Primeiro vemos o que faremos ao longo da xornada e logo comezamos co ENCARGADO que será JOAQUÍN!!!!

 ASAMBLEA
           Data
           Tempo
           Emocións
           Autobús, comedor, nenos-a para casa.
    PRESENTACIÓN Tarefa Todo sobre min.
  CALENDARIO ENLACE FICHA CALENDARIO
           Tempo no día de hoxe 
           Data
           Frase do día. 
TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO Traballaremos a numeración a partir dun ditado...
 TRABALLO COAS PALABRAS Imos traballar a separación de palabras.

            
                    PATIO                  MERENDA                   XOGO
 TEMPO FAREMOS LECTURA LIBRE!!! 
 CLASE DE E.F. co profe Antón 
RECUNCHOS DIDÁCTICOS Imos rematar o día facendo actividades con diversión!
    Que disfrutedes moito da fin de semana!!!
VOLVEMOS O LUNS DE OUTONO!!!💛💚💜💙💛💚💜💙

mércores, 20 de setembro de 2023

Xoves, 21 de setembro de 2023

MOI BO DÍA DE XOVES A TODAS E A TODOS!!!!
Como vos atopades hoxe????
Esperamos que aínda teñades forzas para rematar esta 2ª semana de cole... xa falta pouquiño para a finde!!!!
Imos aproveitar esta imaxe para falar un pouquiño de como somos, xa que para a semana que ven comezaremos a tarefa da vosa presentación.
Que pensades que dirían estes nenos e nenas se tiveran que presentarse????
Que credes que é importante dicir sobre vós se vos presentades a alguén?
Moi ben!!!!! Pois a próxima semana comezaremos a facer esta actividade tan divertida na Asamblea!!!! 

QUE FAREMOS HOXE?????
Hoxe teremos de ENCARGADO a BREOGÁN!!!!
ASAMBLEA
           Data
           Tempo
           Emocións
           Autobús, comedor, nenos-a para casa.
  CALENDARIO ENLACE FICHA CALENDARIO
           Tempo no día de hoxe 
           Data
           Frase do día.        
    3º CLASE DE INGLÉS coa TEACHER BELÉN!!!
  TRABALLO COAS PALABRAS Imos traballar a separación de palabras.
 

            
                   PATIO                   MERENDA                 XOGO
  TEMPO DE LECTURA!!! Hoxe imos ler un conto!!!
TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO Traballaremos a numeración a partir dun ditado...
TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO Traballo matemático-artístico. Remataremos o traballo de contar coa vosa obra artística.
    Que teñades un bo día de xoves!!!
Ata mañá!!!

martes, 19 de setembro de 2023

Mércores, 20 de setembro de 2023

BO DÍA DE MÉRCORES, DÍA QUE NOS MARCA A METADE DA SEMANA!!!!!!
Sabedes por que????
Moi ben por esa resposta!!!!!!
Pois hoxe mércores comezamos o traballo de Asamblea con THIAGO de ENCARGADO pero primeiro vemos o que imos facer nesta xornada...

 ASAMBLEA
           Data
           Tempo
           Emocións
           Autobús, comedor, nenos-a para casa.
  CALENDARIO ENLACE FICHA CALENDARIO
           Tempo no día de hoxe 
           Data
           Frase do día.        
 TRABALLO DE COMPRENSIÓN LECTORA Lemos, dibuxamos e coloreamos.
 TRABALLO COAS PALABRAS Continuaremos co traballo relacionado coa escritura.
CLASE DE MÚSICA coa profe Geni!!!

            
                   PATIO                   MERENDA                 XOGO

  TEMPO DE LECTURA!!! Hoxe a profe leeravos un conto!
 TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO Traballo matemático-artístico. Imos contar a partir da obra de arte que fixemos a semana pasada.

🔆 SORPRESA DO BLOGUE!!!!! Se traballamos con moitas ganas e mantendo a clase en calma poderedes baixar xogos ao patio!!!!!! 👏👏👏

 Esperamos que pasedes un día moi divertido no cole!!!!
Ata mañá!!!

Venres, 12 de xuño de 2026

  Bo día a todos e a todas! ☀️ Chegou o venres, e con el a alegría de ter compartido unha semana xenial. Antes de que chegue o descanso, imo...