Bo día a todos e a todas! ☀️
Chegou o venres, e con el a alegría de ter compartido unha semana xenial. Antes de que chegue o descanso, imos gozar deste último día xuntos.
Empezaremos compartindo un momento na asemblea e logo daremos paso ao traballo de Mates e Lingua. Despois, Antón encargarase de que nos movamos ben no ximnasio, e pecharemos a semana converténdonos en verdadeiros científicos no noso Laboratorio con Rocío.
Deséxovos un día fantástico e un fin de semana cheo de diversión. Aproveitádeo!
Unha aperta enorme,
Profe Sara 💙
