domingo, 17 de setembro de 2023

Luns, 18 de setembro de 2023

BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!!
Comezamos unha nova semana na que faremos actividades divertidas para repasar e aprender moitas cousas...
Parece que o tempo de verán estanos abandonando e próximamente cambiaremos de estación...
Sabedes en que estación do ano estamos????
E sabedes a que estación do ano cambiaremos?????
Propóñovos un reto para mañá: tedes que investigar na casa cal é a estación á que imos cambiar e que día será o cambio???
Quen traia o reto apuntado nun papel levará unha pegatina!!!!! 
Ánimo!!!!!
Imos comezar o día escoitando unha canción sobre as estacións do ano...
Agora imos ver que faremos hoxe no cole e despois comezaremos a ASAMBLEA con Yeray como ENCARGADO!!!
  CLASE DE INGLÉS coa TEACHER BELÉN!!!
ASAMBLEA
           Data
           Tempo
           Emocións
           Autobús, comedor, nenos-a para casa.
           Tempo no día de hoxe 
           Data
           Frase do día.
 TRABALLO DE LECTURA Imos ler entre todas e todos lecturas divertidas!
CLASE DE RELIXIÓN E PROXECTO COMPETENCIAL CON PILAR E SARA 
           
                  PATIO                 MERENDA               XOGO
  TEMPO DE LECTURA LIBRE!!!
  TRABALLO DO ÁMBITO LINGÜÍSTICO Continuaremos co traballo relacionado coas letras.
  TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO Continuaremos o traballo cos números ata o 100 para facer un repaso.
 Esperamos que teñades un bo comezo de semana.
Ata mañá!!!

Martes, 23 de setembro de 2025

  OLA OLA!!!! Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Cantamos un pouco????? ENLACE CANCIÓN EL OTOÑO ...