martes, 12 de setembro de 2023

Mércores, 13 de setembro de 2023

OLA DE NOVO A TODAS E A TODOS!!!!
Xa estamos de novo no cole, na nosa aula de 2º de primaria que estamos decorando cos nosos debuxos!!!!
Hoxe temos a 1ª ENCARGADA DE DÍA que é BALBINA!!!!!! 
Imos ver como vai ser a nosa mañá de cole e despois Balbina comezará co seu traballo de encargada:
1ª ASAMBLEA: Na asamblea faremos a data, o tempo, as emocións e os nenos e nenas que van a comedor, os que se marchan en autobús ou os que veñen a recollelos as familias.
2º CALENDARIO: Hoxe comezaremos a traballar no calendario do mes de setembro poñendo o tempo, a data e unha frase que nos guste para este día.
3º TRABALLO DO ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Falaremos de palabras que teñan que ver co verán e escribirémolas en círculos de cores! 
Estas palabras servirannos para facer ditados de palabras!!!!
4º CLASE DE MÚSICA coa profe Geni!!!


         PATIO               MERENDA                XOGO
 
 TEMPO DE LECTURA!!! Poderemos coller un conto e disfrutar coa lectura!!!!
TRABALLO ARTÍSTICO sobre o noso verán!

Pero como imos traballar coas palabras imos comezar escoitando unha canción moi bonita sobre o abecedario en galego...
A ver se vos gusta!!!! 

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA DE COLE!!!

Martes 22 de Setembro de 2026

OLA OLA!!!! Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Cantamos un pouco????? O OUTONO Pois non sei se v...