martes, 31 de octubre de 2023

Martes, 31 de outubro de 2023

MOI BO DÍA!!!!!
Chegou o día da festividade no cole!!!!
Hoxe celebramos a festa do MAGOSTO e o SAMAÍN!!!! 👏👏👏👏👏👏👏👏
POR ISTO HOXE SERÁ UN DÍA ESPECIAL NA QUE XOGOS E OBRADOIROS SERÁN AS ACTIVIDADES QUE FAREMOS E DISFRUTAREMOS!!!!!!!
ESPERAMOS E DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO!!!!!

Agora antes de comezar os xogos vos contamos un pouco en que van consistir os obradoiros....
1- Obradoiro "Sensorial" no que poñeredes a tope os 5 sentidos...
2- Obradoiro "Portacastañas" para poder coller castañas e comelas!!!!
3- Obradorio "Chapamonstro" no que elaboraredes unha chapa monstruosa para poñela de adorno!
4- Obradoiro "Máscaramostro" no que escolleredes un dos 4 modelos e a decoraredes ao voso gusto para dar moito medo!!!!
5- Obradoiro "3 en raia monstruítos" no que faremos o xogo do 3 en raia para poder levar a casa e botar moitas partidas!!!!!!

Por certo... sabedes xogar ao "3 en raia"????
Por se non sabedes imos ver un video explicativo deste xogo tan divertido....

Esperamos que vos guste moito este xogo e o disfrutedes en familia e cos amigos e amigas!!!!!
E agora a disfrutarrrrrrr!!!!!
Recordade que mañá mércores non vimos ao cole pero vémonos o xoves!!!!!!! 💜👻💛👿👹💚

lunes, 30 de octubre de 2023

Luns, 30 de outubro de 2023

MOI BO DÍA NESTA SEMANA MONSTRUOSAAAAAA!!!!!!
Hoxe comezamos a semana na que daremos celebración ao MAGOSTO coas ricas castañas e ao SAMAÍN disfrutantdo cos disfraces e a imaxinación.
Pero como iso será mañá día 31 de outubro hoxe ímoslle dar a despedida a este mes....

Hoxe imos ter día especial no que teremos que ir preparando cousiñas para mañá....
Agora comezamos coma sempre a ASAMBLEA con  SERGIO de ENCARGADO!!!!
Comezamos SERGIO!!!!
CLASE DE INGLÉS coa TEACHER BELÉN!!!
ASAMBLEA
            Data
           Tempo
           Emocións
        Encargad@s de grupos
           Autobús, comedor, nenos-a para casa
  CALENDARIO    
           Tempo no día de hoxe 
           Data
           Frase do día
 TRABALLO ARTÍSTICO  "Boliñas de masa"
CLASE DE RELIXIÓN E PROXECTO COMPETENCIAL CON PILAR E SARA 
           
                     
PATIO            MERENDA             XOGO
TEMPO DE LECTURA!!!
     TRABALLO ÁMBITO LINGÜÍSTICO  
Expresión Escrita "Describo o meu monstro"
QUE TEÑADES UN BO DÍA MONSTRUOSO!!!!  👿👺👻

jueves, 26 de octubre de 2023

Venres, 27 de outubro de 2023

MOI BO DÍA DE VENRES!!!!!
Chegamos ao día no que sempre comezamos cantando e bailando un pouquiño para darlle a benvida á FIN DE SEMANA!!!!!
Comezamos!!!!!

E como é Fin de Semana de Samaín non podemos comezalo sen escoitar e cantar a nosa canción desta semana "MEDO MEDÁ!!!!!!"

Comezamos xa coa ASAMBLEA deste venres con LOLA como ENCARGADA!!!!!!
Adiante Lola!!!!
   ASAMBLEA
           Data
           Tempo
           Emocións
           Encargad@s de grupos
           
Autobús, comedor, nenos-as para casa
           Tempo no día de hoxe
           Data
           Frase do día
       
      TRABALLO VARIADO DE ÁMBITO DE COÑECEMENTO, MATEMÁTICO E LINGÜÍSTICO Hoxe imos facer actividades variadas de repaso, entre elas CREAREMOS UN MONSTROOOOOO!!!!!!
            
                                         PATIO                MERENDA                XOGO
 TEMPO DE LECTURA!!!   
CLASE DE E.F. co profe Antón 
 RECUNCHOS CREATIVOS Para rematar o día de hoxe faremos un pouco de creatividade para relaxar a mente...
 QUE DISFRUTEDES MOITO DA FIN DE SEMANA!!!!
VOLVEMOS O LUNS!!!💛👿💙👾💛👻💜👹💙😈💚💀💜👺💚👽

miércoles, 25 de octubre de 2023

Xoves, 26 de outubro de 2023

OLA DE NOVO NESTE DÍA DE XOVES!!!!!!
Sabedes unha cousa?????
Hoxe non temos ficha de presentación porque xa todos e todas a fixestes.... PARABÉNS POR FACELO TAN BEN!!!!!!
                                                      
Non ter que facer esa ficha pode significar que se traballamos ben e en calma igual temos mais tempo para a decoración do SAMAÍN...  QUE OPINADES????
Haberá que ir vendo como vai a mañá ...

E como estamos neste tempo de SAMAÍN imos escoitar unha canción sobre este tema...

Agora comezamos a ASAMBLEA con HUGO de ENCARGADO.
Hugo diranos o que imos facer ao longo do día de hoxe e despois comezará co saúdo a todas e a todos!!!!
Comezamooosssss!!!!
ASAMBLEA
           Data
           Tempo
           Emocións
           Encargad@s de grupos
           Autobús, comedor, nenos-a para casa
           Tempo no día de hoxe 
           Data
          Frase do día       
TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO    
Faremos un repasiño das sumas e prepararemos o material que levaremos para traballar na casa un pouco durante este finde
   CLASE DE INGLÉS coa TEACHER BELÉN!!!
  ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO 
Continuamos o traballo neste ámbito aprendendo sobre a vida no planeta TERRA!
            
                   PATIO                MERENDA                 XOGO
 TEMPO DE LECTURA!!!
 ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO 
Continuamos  un pouco mais o traballo no ámbito de coñecemento do medio
TRABALLO DE DECORACIÓN DE SAMAÍN
Hoxe ímoslle poñer cara aos nosos monstros!!!!
   QUE PASEDES UN BO DÍA DE XOVES!!!
VOLVEMOS MAÑÁ!!!!

martes, 24 de octubre de 2023

Mércores, 25 de outubro de 2023

MOI BO DÍA DE MÉRCORES!!!!
A VERDADE É QUE É O DERRADEIRO MÉRCORES DESTE MES DE OUTUBRO!!!!!
SABEDES POR QUE?????
MOI BEN QUE VOS ACORDEDES DO SIGNIFICADO DA PALABRA "DERRADEIRO" 
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

NA NOSA LINGUA GALEGA HAI MOITAS PALABRAS FERMOSAS QUE TEMOS QUE IR APRENDENDO... MIRADE ALGUNHAS DELAS....

CAL VOS GUSTA A VÓS????
A VERDADE É QUE A MIN GÚSTANME TODAS!!!!
Imos comezar a ASAMBLEA de hoxe na que tamén remataremos coas nosas presentacións!!!!!
Hoxe tócalle ser ENCARGADO a JOAQUÍN! Imos ver no que traballaremos hoxe Joaquín!
     ASAMBLEA
          Data
           Tempo
           Emocións
           Autobús, comedor, nenos-as   para casa
     PRESENTACIÓN D@ ENCARGAD@    ENLACE TAREFA PRESENTACIÓN   
          Tarefa "Todo Sobre Min"    
   CALENDARIO        ENLACE FICHA CALENDARIO
              Tempo no día de hoxe 
           Data
           Frase do día
   TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO    
Hoxe temos que seguir falando dos números, a ver que cousas se pode facer con eles... para que servirán os números????
     CLASE DE MÚSICA coa profe Geni!!!
            
                               PATIO                       MERENDA                       XOGO

   TEMPO DE LECTURA!!!
TRABALLO DO ÁMBITO MATEMÁTICO    
Continuaremos un pouco co traballo de números...
   TRABALLO DE DECORACIÓN DE SAMAÍN
   QUE PASEDES UN BONITO  MÉRCORES!!!!

Venres 11 de Outubro de 2024

  B os días!! Xa chegamos ao final desta semana de cole. Coma todos os venres imos despedir a semana cantando CANCIÓN Imos cas rutinas: 1. C...