martes, 31 de octubre de 2023

Martes, 31 de outubro de 2023

MOI BO DÍA!!!!!
Chegou o día da festividade no cole!!!!
Hoxe celebramos a festa do MAGOSTO e o SAMAÍN!!!! 👏👏👏👏👏👏👏👏
POR ISTO HOXE SERÁ UN DÍA ESPECIAL NA QUE XOGOS E OBRADOIROS SERÁN AS ACTIVIDADES QUE FAREMOS E DISFRUTAREMOS!!!!!!!
ESPERAMOS E DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO!!!!!

Agora antes de comezar os xogos vos contamos un pouco en que van consistir os obradoiros....
1- Obradoiro "Sensorial" no que poñeredes a tope os 5 sentidos...
2- Obradoiro "Portacastañas" para poder coller castañas e comelas!!!!
3- Obradorio "Chapamonstro" no que elaboraredes unha chapa monstruosa para poñela de adorno!
4- Obradoiro "Máscaramostro" no que escolleredes un dos 4 modelos e a decoraredes ao voso gusto para dar moito medo!!!!
5- Obradoiro "3 en raia monstruítos" no que faremos o xogo do 3 en raia para poder levar a casa e botar moitas partidas!!!!!!

Por certo... sabedes xogar ao "3 en raia"????
Por se non sabedes imos ver un video explicativo deste xogo tan divertido....

Esperamos que vos guste moito este xogo e o disfrutedes en familia e cos amigos e amigas!!!!!
E agora a disfrutarrrrrrr!!!!!
Recordade que mañá mércores non vimos ao cole pero vémonos o xoves!!!!!!! 💜👻💛👿👹💚

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 11 de Outubro de 2024

  B os días!! Xa chegamos ao final desta semana de cole. Coma todos os venres imos despedir a semana cantando CANCIÓN Imos cas rutinas: 1. C...