xoves, 2 de novembro de 2023

Xoves, 2 de novembro de 2023

OLA A TODAS E A TODOS!!!
Comezamos este día dándolle a benvida a un novo mes, NOVEMBRO que dou comezo no día de onte.
Sabedes cantos días ten novembro se outubro tivo 31?????
Acordádevos do número de día cando fagades o novo calendario!!!!!

Imos ver o que faremos hoxe e comezamos xa a ASAMBLEA con ELSA de ENCARGADA!

 ASAMBLEA 
          Data 
          Tempo 
          Emocións 
          Encargad@s de grupos 
          Autobús, comedor, nen@s casa

     CALENDARIO ENLACE FICHA CALENDARIO
           Tempo no día de hoxe 
           Data
           Frase do día       
    CLASE DE INGLÉS coa TEACHER BELÉN!!!
   TRABALLO ÁMBITO MATEMÁTICO  Hoxe traballaremos a numeración pensando que número vai antes e cal vai despois
   VISITA Á BIBLIOTECA
O alumando da ESO invitounos a ir de visita á biblioteca...  Din que prepararon algo sobre o Samaín pero vós non vos preocupedes porque se non vos apetece entrar esperamos fora...
          
                  PATIO                 MERENDA                  XOGO
 TEMPO DE LECTURA GUIADA!!!
  ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO Continuamos o traballo o traballo neste ámbito aprendendo sobre a vida no planeta Terra.
      TRABALLO ARTÍSTICO e FEEDBACK  
Nesta semana de Samaín iremos rematando actividades dos obradoiros   e faremos unha actividade na que teredes que recordar que cousas tocastes, cheirastes, probastes, buscastes, etc no obradoiro sensorial. 
     QUE TEÑADES UN BO DÍA DE XOVES! VOLVEMOS MAÑÁ VENRES!!!!

Martes, 9 de decembro de 2025

  BO DÍA DE MARTES !!!! Comezamos esta semana no 2º día de semana, iso quere dicir que estamos nunha semana máis curta que as demais pero co...