MOI BO DIA NESTA NOVA SEMANA DE COLE!
Hoxe comezamos o día volvendo a reflexionar un pouco...
VÓS SOÑADES CANDO DURMIDES???
POR QUÉ CREDES QUE SOÑAMOS???
Imos ver un video que nos explica o que son os soños e por que soñamos...
SABEDES CON QUE SOÑEI EU ESTA FIN DE SEMANA????
Cos MARCIANOS!!!!
Como explica o video supoño que soñei con eles porque foi algo do que falamos aquí no cole e entón é un recordo que o meu cerebro gardou e me fixo ter un soño moi bonito porque me convertía en MARCIANA!!!!!
E parecía tan real que puiden sentir como se fora de verdade unha deles, e vivía en MARTE, e me gustaba ser marciana!!!
Claro está que todo foi produto da miña imaxinación xunto co traballo do meu cerebro e os meus recordos...
Para min foi un soño moi bonito!!!!!
Bueno, despois desta introdución e debate sobre os nosos soños pasamos a ver a emoción para o día de hoxe...
E agora imos comezar a ASAMBLEA con THIAGO de ENCARGADO de hoxe...
Data
Tempo Emocións
Encargad@s de grupos
Autobús, comedor, nen@s casa

Tempo no día de hoxe
Data
Frase do día
Hoxe en expresión escrita traballaremos os sobre os soños partindo dun ditado que completaremos contando algún soño que tivemos.