miércoles, 28 de febrero de 2024

Xoves, 29 de febreiro de 2024

BO DIA A TODAS E A TODOS!!!!
Hoxe é o dia especial deste ano porque non haberá outro coma este ata dentro de 4 anos, verdade?????
Despedímonos deste mes de febreiro no que tanto traballamos interdisciplinarmente...
Houbo entroido, houbo Rosalía, houbo visita dos avoíños, .... cantas cousas!!!!!
Bueno tamén nos despedimos das EMOCIÓNS  de cada día xa que é unha tarefa que tamén damos por rematada.
Dende o blogue e dende a escola esperamos que vos sirva para moito poder aprender un pouquiño sobre as emocións que todas as persoas do mundo sentimos cada día e sobre todo, e moi importante, que as emocións existen para sentilas e que é moi normal que as sintamos, sexan cales sexan.
O que se debe facer é aprender a entendelas e saber xestionalas cando as sentimos...
Comezamos entón a nosa ASAMBLEA diaria con MATÍAS como ENCARGADO deste día!!!!
Despois xa sabedes que toca sorteo para a exposición do LAPBOOK!!!!!
Comezamos MATÍAS!!!!
ASAMBLEA 
          Data 
          Tempo 
          Emocións 
          Encargad@s de grupos 
          Autobús, comedor, nen@s casa
EXPOSICIÓN LAPBOOK ANIMAIS
Hoxe tocaralle expoñer o lapbook a ....
    CALENDARIO e LIBRO DOS ANIMAIS
         Tempo no día de hoxe
          Data
          Frase do día
          Libro dos animais
    CLASE DE INGLÉS co TEACHER JUAN!!
ÁMBITO MATEMÁTICO
Traballaremos contidos de repaso:
- unidades, decenas, centenas
- ordenar números de maior a menor e de menor a maior
- > < =
- sumas
- restas
- números ordinais
- problema matemático
          
                                    PATIO                     MERENDA                      XOGO
  TEMPO DE LECTURA: O LOBO LUPAS!!!

   ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO 
 Hoxe comezamos unha nova temática no ámbito de coñecemento do medio continuando cos seres vivos que nos quedan por traballar... cales serán???
      DESEXAMOS QUE TEÑADES UN BONITO 29 DE FEBREIRO!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 11 de Outubro de 2024

  B os días!! Xa chegamos ao final desta semana de cole. Coma todos os venres imos despedir a semana cantando CANCIÓN Imos cas rutinas: 1. C...