viernes, 15 de marzo de 2024

Venres, 15 de marzo de 2024

MOI BO DÍA DE VENRESSSS!!!
Comezamos este día coa canción da fin de semana!!!!!!
Facémolo todos xuntos de pé????? Arribaaaaa!!!!

Hoxe temos novas que contarvos!!!!
Unha delas é que hoxe remataremos as exposicións dos LAPBOOKS DOS ANIMAIS!
Outra é que imos asistir a unha charla moi especial que está relacionada coas PROFESIÓNS...
Acordádevos do que falamos polo día 8M???
Que pasaba coas profesións????
Pois resulta que para seguir traballando un pouco o tema das profesións hoxe unha mamá vai vir ao cole a falarnos da súa, é dicir, vai falarnos sobre o seu traballo...
Como é unha mamá do curso de 1º imos escoitar e imos respetar o turno de palabra cos nenos e nenas dese curso para que poidan facer as preguntas que lle xurdan...
QUEN SABE SE OUTRO DÍA UNHA MAMÁ OU UN PAPÁ DESTA CLASE SE ANIMA A VIR A FALARNOS SOBRE A SÚA PROFESIÓN!!!!!!!

Imos comezar coa ASAMBLEA deste día con SAMIRA de ENCARGADA e despois faremos as exposicións dos últimos LAPBOOKS.
Adiante Samira, cóntanos que imos facer hoxe...
ASAMBLEA
          Data 
          Tempo 
          Emocións 
          Encargad@s de grupos 
          Autobús, comedor, nen@s casa
EXPOSICIÓN LAPBOOK ANIMAIS
Comezamos as últimas exposicións dos Lapbooks sobre os animais.
CALENDARIO e LIBRO DOS ANIMAIS
         Tempo no día de hoxe
          Data
          Frase do día
          Libro dos animais
ÁMBITOS LINGÜÍSTICO E MATEMÁTICO
Hoxe remataremos as tarefas de comprensión lectora e as tarefas de diferentes contidos relacionados coas mates!!!
 ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO 
Tamén intentaremos rematar as tarefas sobre as característcas dos animais.
                        
                                  PATIO                     MERENDA                     XOGO    
    CLASE DE E.F. co profe Antón  
 RECUNCHOS DIDÁCTICOS E CREATIVOS    
Para finalizar esta semana faremos actividades de relax e diversión. 
    DESEXAMOS QUE TEÑADES UNHA BOA E BONITA FIN DE SEMANA!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 11 de Outubro de 2024

  B os días!! Xa chegamos ao final desta semana de cole. Coma todos os venres imos despedir a semana cantando CANCIÓN Imos cas rutinas: 1. C...