lunes, 1 de abril de 2024

Martes, 2 de abril de 2024

BENVIDOS DE NOVO AO COLE DESPOIS DESTES DÍAS DE DESCANSO...
HOXE COMEZAMOS A ÚLTIMA ETAPA DESTE CURSO, O 3º TRIMESTRE!!!!!
SABEDES QUE QUERE DICIR 3º TRIMESTRE?
           
Tamén hai outros cambios como por exemplo que xa estamos na primavera e que tamén pasamos o cambio horario!!!!!
Estamos xa no horario de verán; iso significa que a partires de agora vai haber moitas mais horas de luz, sobre todo pola tarde-noite... pero non debedes confundirvos e pensar que é cedo para ir durmir xa que isto do cambio horario fai que o noso cerebro confunda un pouco a hora que é... e pensamos que aínda non é hora de deitarse precisamente porque vemos luz!!!!   
              
E con este novo comezo tamén toca estrear calendario do mes de ABRIL cun día tan especial como hoxe porque o 2 de abril é o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO!
Imos visualizar un video moi especial que nos axudará a entender o que é o AUTISMO...
É importante ter sempre en conta que cada persoa é diferente e que cada cerebro tamén é diferente, e por iso mesmo debemos entender que todas as persoas do mundo mundial somos PERSOAS MARABILLOSAS!!!!!!!!
💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚💛💜💙💚
Comezamos xa a ASAMBLEA deste día e despois empezamos co traballo!!!!
Hoxe temos de encargado/a a ...... 
QUE FAREMOS HOXE?????
ASAMBLEA
          Data 
          Tempo 
          Emocións 
          Encargad@s de grupos 
          Autobús, comedor, nen@s casa
  CALENDARIO 
          Tempo no día de hoxe
          Data
          Frase do día
 ÁMBITOS LINGÜÍSTICO e MATEMÁTICO
Hoxe imos traballar contidos coas tablets, tanto de linguas como de mates!!!!
ÁMBITO ARTÍSTICO
Hoxe faremos chapas polo DÍA DO AUTISMO!!!!
    
             PATIO                  MERENDA                  XOGO
TEMPO DE LECTURA LIBRE
 ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO 
Hoxe continuaremos o traballo aprendendo como funciona o noso corpo por dentro!!!!!
CLASE DE E.F. co profe Antón
 QUE DISFRUTEDES DESTE 1º DÍA DE COLE DO 3º TRIMESTRE!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 11 de Outubro de 2024

  B os días!! Xa chegamos ao final desta semana de cole. Coma todos os venres imos despedir a semana cantando CANCIÓN Imos cas rutinas: 1. C...