xoves, 17 de outubro de 2024

Venres 18 de Outubro de 202

                                                             Bos días!!

Xa chegamos ao final desta semana de cole.

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Onte as vosas profes enviaron unha mensaxe ás familias avisando de que comeza o tempo de Samaín e imos empezar a traballar cousas relacionadas con esa época e co Proxecto de centro " A escola hai 25 anos" xa que o voso cole vai a estar de celebración xa que fai 25 anos da súa existencia!!

Ambientaremos o cole con materiais escolares monstruosos e con aspecto otoñal, tedes algunha idea??

Ademais hoxe imos preparar un xogo de cartas para utilizar nestes días. Que vos conte a vosa profe en que consistirá!!

Imos cas rutinas:

1. CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Virá a profe Nuria para continuar co traballo de conciencia fonolóxica e semántica.

3. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO: Practicaremos as restas, ainda que xa vin que se vos dan xenial. 

4. PREPARACIÓN DO XOGO: Organizarémonos en equipos colaborativos para facer un traballo xenial!!

Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura en Inglés con GABRIELA!!

A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día os de 2ºB Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!




Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...