domingo, 10 de novembro de 2024

Luns 11 de Novembro de 2024

          Moi bos días segundinis!!

Comezamos unha nova semana de cole.

                Hoxe é Luns 28 de Outubro de 2024

   Todos os luns os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
Hoxe comezamos unha nova rutina de encargad@s, cada día haberá un ou unha encargada que fará a lectura do blogue e nos guiará para facer as actividades relacionadas ca palabra e o número do día, nova rutina ca que practicaremos e avaliaremos contidos traballados ao longo deste 1º trimestre.
Hoxe o encargado de 2ºB é Breogán e de 2ºA Iker.
Deixovos encargados para que leades o que imos facer hoxe:
1. CALENDARIO: Completamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día.
2. ÁMBITO MATEMÁTICO/ LINGÜÍSTICO:
                            PALABRA DO DÍA
                            NÚMERO DO DÍA
3. No ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando o que fixemos esta fin de semana. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós a conciencia fonolóxica con distintas actividades.


Bueno, deixovos traballar...

Ata mañán amiguiñ@s!!




Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...