xoves, 14 de novembro de 2024

Venres 15 de Novembro de 2024

                                                              Bos días!!

Xa chegamos ao final desta semana de cole.

A quen temos de encargad@??

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Hoxe temos de novo algo especial, xa que moitos de vos iredes a Estrada a facer a actividade de " Campo a través", espero o disfrutedes e pasedes moi ben.

Imos cas rutinas:

1. CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO e MATEMÁTICO: Completando a palabra e o número do día.

3. Seguimos a lectura de Lobo Lupas 2, un novo capítulo.

4. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Por fin temos na clase a lupa dixital para examinar as rochas e facer a súa ficha identificativa.

Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura

A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día os de 2ºB Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!




Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...