xoves, 28 de novembro de 2024

Venres 29 de Novembro de 2024

                                                                    Bos días!!

Xa chegamos ao final desta semana de cole.

A quen temos de encargad@??

Coma todos os venres imos despedir a semana cantando

CANCIÓN

Hoxe é un venres especial xa que rematamos semana pero tamén rematamos no cole o mes de Novembro, o Luns cando nos volvamos a ver xa estaremos no mes de DECEMBRO!!!

Imos cas rutinas:

1. CALENDARIO: Completamos o tempo e escribimos a data e a frase do día. Completamos a gráfica do tempo do mes de Novembro.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Na libreta de ler e escribir faremos unha expresión escrita sobre este mes de Novembro. Como foi o tempo, que cousas conmemoramos, que foi o que mais e o que menos nos gustou...

3. Seguimos a lectura de Lobo Lupas 2, un novo capítulo.

4. ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos coas operacións de suma e resta na libreta.

Iremos ao recreo e á volta teremos tempo de lectura

A continuación algúns teredes clase de Proxecto Competencial ca profe Silvia e outros Relixión con Pilar.

E para rematar o día os de 2ºB Educación Física con Maricha.

Disfrutade moito da fin de semana e volvemos a vernos o Luns!!




Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...