mércores, 20 de novembro de 2024

Xoves 21 de Novembro de 2024

 Bos días!!

Xa estamos a Xoves.



Os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.
Quen é hioxe @ encargad@? Que veña a ler o que queda do blogue!!

No resto da mañán faremos.

1.CALENDARIO: Completando o tempo, escribindo a data e a frase do día.

2. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Acabamos as fichas de sílabas na libreta de Lelingua e tamén as fichas de comprensión lectora na libreta de ler e escribir. Si acabástedes todo. Podedes facer estas actividades de b/v

3. ÁMBITO MATEMÁTICO-ARTÍSTICO: Rematade os traballos que tedes na libreta e cando os rematedes aqui tendes unhas fichas de repaso dos números de 3 cifras

4. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO:  Practicade cos nomes dos minerais facendo esta sopa de letras

No tempo de lectura hoxe ven Gabriela a facernos lectura en Inglés!!

E coma sempre, ao rematar o traballo vos quedará un ratiño de descanso indo aos recunchos.

Ata mañán segundinis!!!


Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...