luns, 27 de xaneiro de 2025

Martes 28 de Xaneiro de 2025

  BO DÍA A TODAS E A TODOS!!


Como xa sabedes os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.

                                       

                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos:


1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.

Continuamos na libreta de Le-lingua traballando as clases de sustantivos e tamén nas tablets.
3.ÁMBITO MATEMÁTICO-ARTÍSTICO: Completaremos unha nova ficha de situación problemática cos cartos. E empezamos a traballar as medidas do tempo. Mirade este video: EL TIEMPO


5. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIOContinuamos co Proxecto Nós. Hoxe falaremos dunha nova etapa histórica cal será? Síii a Idade Moderna. 


Deixovos un video para que vexades algunhas cousiña que ocurriron nesta época

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

Venres, 6 de marzo de 2026

Ola a todas e a todos! O venres xa está aquí e a aula vibra con outra enerxía! Hoy Es Viernes y Tu Cuerpo Lo Sabe!! 💃🕺 📝 O noso plan de  ...