mércores, 29 de xaneiro de 2025

Xoves 30 de Xaneiro de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Qué vos pasou hoxe ao entrar no cole?? Escoitaba como decíades... " COIDADO!" " NON PODO PASAR"..

Hoxe é xoves 30 de xaneiro... sabedes o que pasa todos os anos neste día?????
Imos ver un video para que o descubrades...



IMOS REFLEXIONAR UN POUCO...

  • Vós pensades que hai PAZ en todo o mundo?
  • Cómo pensades que é a vida nos países onde non hai PAZ?
  • Qué credes que pasa cos nenos e nenas neses países?
  • Pensades que os nenos e nenas van á escola?
  • Cómo credes que son as súas escolas? 
  • Cómo credes que se sinten cando chegan a elas?
Mirade este video que nos amosa como os nenos e nenas refuxiadas de guerra, que teñen que abandonar o seu país e comezar nunha nova escola noutro lugar do mundo se sinten...
Deixovos tamén este conto que narra a fuxida da
guerra dunha familia e como pai e nai fabulan a viaxe para as
crianzas sufriren menos.
NESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA O MUNDO E PARA TODAS AS PERSOAS IMOS REALIZAR ACTIVIDADES ARTÍSTICAS PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Imos adicalo á elaboración dun mural conxunto sobre as escolas do mundo e os camiños que percorren os nenos e nenas para chegar a elas.
RECORDADE!!!!! 
Os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB hoxe practicaredes a lingua Inglesa ca teacher Rocío.
AGORA IMOS COAS TAREFAS DESTE DÍA....


1.CALENDARIO: Completamos a data, o tempo atmosférico e a frase do día.

2. ÁMBITO MATEMÁTICO: Continuamos practicando as horas no reloxo analóxico e dixital.


3. ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos os sustantivos na libreta de Lelingua.

4. HORA DE LER: No tempo de lectura hoxe ven Gabriela a facernos lectura en Inglés!! 

Ata mañán segundinis!!!


QUÉ PASEDES UN BONITO DÍA DE MARTES!!!!

Martes 22 de Setembro de 2026

OLA OLA!!!! Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Cantamos un pouco????? O OUTONO Pois non sei se v...