domingo, 16 de febreiro de 2025

Luns 17 de Febreiro de 2025

             MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!

Hoxe comezamos unha nova semana de cole. 


Que tal a fin de semana????
Hoxe os dous grupos de 2º comezades a semana con ritmo xa que tedes clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.

IMOS VER AS TAREFAS PARA O DÍA DE HOXE...



1. CALENDARIOCompletamos o tempo atmosférico, escribimos a data e a frase do día. 
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando o que fixemos esta fin de semana. Ademáis virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós a conciencia semántica con distintas actividades. 

4.ÁMBITOMATEMÁTICOARTÍSTICO: Faremos a ficha do número do día practicando contidos vistos ata o de agora e o problema matemático do día.

5. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Esta semana faremos o superpreguntón do corpo, e avanzaremos en como coidarnos.
                   
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 

Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...