luns, 10 de febreiro de 2025

Martes 11 de Febreiro de 2025

 BO DÍA A TODAS E A TODOS!!




Como xa sabedes os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.

                                       

                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos:


1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.

Faremos na libreta de Le-lingua un ditado para repasar os sustantivos e os adxectivos.

3.ÁMBITO MATEMÁTICO-ARTÍSTICO: Traballaremos na ficha do número protagonista diferentes contidos. E practicaremos as horas nas tablets.


5. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIOContinuamos co Proxecto Nós. Hoxe falaremos doutro sistema, o RESPIRATORIO. Deixovos un video explicativo.

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

Martes, 9 de decembro de 2025

  BO DÍA DE MARTES !!!! Comezamos esta semana no 2º día de semana, iso quere dicir que estamos nunha semana máis curta que as demais pero co...