luns, 24 de febreiro de 2025

Martes 25 de Febreiro de 2025

                             BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

Hoxe comezamos a mañá con talleres de Entroido, xa non queda nada para a gran festa así que temos que traballar duro.

Como xa sabedes os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.

                                       

                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío.
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos:


1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.


3.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIOContinuamos co Proxecto Nós. Seguimos falando de como coidar o noso corpo e hoxe adicarámolo a alimentación.

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...