venres, 14 de marzo de 2025

Venres 14 de Marzo de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Pero... xa é VENRES???
Pois si que chegou rápido a fin de semana, verdade????
Pois xa postos comezamos o día... CANTANDO!!!!!

Antes de ver o que imos facer hoxe... onde está o libro viaxeiro?? Estou desexando escoitar como vai a historia...

IMOS VER QUE TOCA FACER HOXE...


1.CALENDARIOCompletamos o tempo e escribimos a data e a frase do día. 
             

2. AMBITO LINGÜÍSTICO:  Hoxe comezamos a traballar un novo tipo de palabra. Os verbos que o igual que os substantivos e os adxectivos teñen unha función dentro das oracións. Si o substantivo sirve para nomear, o adexctivo nos informa de como son ou estan os substantivos... Qué creedes que poden ser os verbos??
Imos ver un video sobre os VERBOS

3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Revisamos de novo os cuestionarios. 
O proxecto Nós xa o damos por rematado e o luns comezaremos a coñecer os seres vivos que comparten con nós o planeta Terra. os animais e as plantas.
4. ÁMBITO MATEMÁTICO- ARTÍSTICO: Continuamos coa simetría e outros conceptos da xeometría.
Despois do recreo 2ºA e 2ºB tedes RELIXIÓN coa profe PILI e PROXECTO COMPETENCIAL coa profe SILVIA
    
2º B Acabades a mañán con Educación Física e a profe Maricha.

QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE VENRES E FELIZ FIN DE SEMANA!!!!
Volvemos o luns!!!! 
💙💚💛💜

Martes, 9 de decembro de 2025

  BO DÍA DE MARTES !!!! Comezamos esta semana no 2º día de semana, iso quere dicir que estamos nunha semana máis curta que as demais pero co...