venres, 21 de marzo de 2025

Venres 21 de Marzo de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!

Xa é VENRES!!!

E ademais estreamos unha nova estación do ano, cal será??
Qué características especiais ten esta estación do ano??
Antes de ver o que imos facer hoxe... onde está o libro viaxeiro?? Estou desexando escoitar como vai a historia...

IMOS VER QUE TOCA FACER HOXE...


1.CALENDARIOCompletamos o tempo e escribimos a data e a frase do día. 
             

2. AMBITO LINGÜÍSTICO:  Seguimos traballando o verbo con diferentes actividades e xogos e tamén nas tablets.

3. ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Repasaremos o que vimos sobre as plantas e levaredes a libreta para estudar na fin de semana e para a semana faremos un superpreguntón sobre este tema.
Avanzamos con outro tipo de seres vivos cos que tamén convivimos no noso plante: OS ANIMAIS.
4. ÁMBITO MATEMÁTICO- ARTÍSTICO: Seguimos practicando a multiplicación, esa operación tan útil que nos sirve para calcular sumas dom mesmo número rápidamente.

Despois do recreo 2ºA e 2ºB tedes RELIXIÓN coa profe PILI e PROXECTO COMPETENCIAL coa profe SILVIA
    
2º B Acabades a mañán con Educación Física e a profe Maricha.

QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE VENRES E FELIZ FIN DE SEMANA!!!!
Volvemos o luns!!!! 
💙💚💛💜

Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...