luns, 7 de abril de 2025

Martes 8 de Abril de 2025

 BO DÍA A TODAS E A TODOS!!

Todos os Martes os nenos e nenas de 2º A tedes clase de Educación Física con Antón.
   
                Os de 2ºB Inglés ca Teacher Rocío                                        
Agora imos dar comezo ás tarefas diarias nos distintos ámbitos, pero antes onde está o libro viaxeiro?? 

1.CALENDARIO: Completarémolo poñendo o tempo atmosférico, a data de hoxe e a frase do día.
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICOHoxe leremos un novo capítulo do noso amigo " O lobo Lupas". Despois o levaredes para casa para practicar a lectura individual en voz alta e faredes a páxina das actividades correspondente a ese capítulo.
Ademais seguiremos traballando a comprensión lectora a través de diferentes textos.

3.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO
Seguimos traballando no proxecto " Ao noso redor"
Xa pronto empezaredes cas exposicións dos lapbooks non??
4. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSITICO: 

Continuamos cos cadernos do 1, 2 e 3 e con vasiños e pauciños seguimos practicando.
Estades avanzando moito. Deixovos aquí unha canción superchula da tabla do 2

Seguimos tamén traballando as lineas a que non sabíades que había tantas e tan diferentes??

 Disfrutade do Martes e ata mañán!!

Luns, 22 de setembro de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS A TODAS E A TODOS!!! SABEDES QUE HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL?????? 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Imos ver un video para recor...