domingo, 11 de maio de 2025

Luns 12 de Maio de 2025

  MOI BO DÍA DE LUNS E COMEZO DE SEMANA!!!!!

Comezamos unha nova semana de cole. Unha semana especial na que faremos moitas cousas, que vos irei contando pouco a pouco.


👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Esta semana adicarémola as Letras Galegas xa que o sábado 17 de Maio conmemórase esta data tan importante para todos e todas nós. Sabedes a quen se lle adica este ano 2025? Investigade na cas e mañán seguimos falando!!

Ademais esta semana comezamos nova rutina. 
As exposicións orais remataron así que durante esta ronda de encargados imos a repasar contidos moi importantes que aprendimos en 2º e que NON PODEMOS ESQUECER!! Así que os encargados nos guiarán nos RETOS MATEMÁTICOS DIARIOS.

Imos xa coas tarefs para o día de hoxe:

Todos os luns o nenos e nenas de 2º comezades a semana ca clase de Música da profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.

IMOS VER AS TAREFAS PARA O DÍA DE HOXE NOS DISTINTOS ÁMBITOS...


1. CALENDARIO: Completamos a data e a frase do día e o tempo atmosférico.  
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Traballaremos a expresión escrita na libreta de " Ler e escribir" contando que tal vos foi nesta fin de semana. Podedes utilizar o formato que queirades: relato, carta, noticia...
A 2ºB virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós cuestións lingüísticas.
3.ÁMBITOMATEMÁTICOARTÍSTICO:
Faremos os retos matemáticos e continuaremos traballando a multiplicación e outros conceptos novos.

4.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: 
Pode que fagades algunha tarefa de avaliación de contidos ou o superpreguntón.
                 
QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 

Venres, 14 de novembro de 2025

  MOI BO DÍA DE VENRESSSSSS!!!!! Xa que levamos cantando todos os días desta semana, hoxe venres non vai ser menos, non???? Imos comezar!!!!...