mércores, 14 de maio de 2025

Xoves 15 de Maio de 2025

 BO DÍA DE XOVES!!!!!

Hoxe é día 15... día que marca a metade do mes

Xa pronto chega o día das Letras Galegas, quen me recorda a quen se lle adican este ano?
 Recordemos a súa vida e historia a través desta canción; prestade moita atención que despois necesitaredes a información para traballar no ámbito lingüístico. 

Coma todos os Xoves, os nenos e nenas de 2º A comezan a mañá ca clase de Educación Física de Antón e os de 2ºB practicaredes a lingua Inglesa antes do recreo ca teacher Rocío.



Nos ámbitos...
1.CALENDARIO:Completamos o tempo, escribimos a data e a frase do día.
                           
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Completaremos un libriño sobre as cantareiras e traballaremos na libreta de Ler e escribir con elas. Ademais contáronme as vosas profes que ides preparar unhas coplas para un acto conmemorativo que haberá o  Luns. 
3.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO: Seguimos coas actividades de avaliación dos seres vivos.


4. ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSITICO: 
Faremos os RETOS MATEMÁTICOS DIARIOS para repasar contidos vistos e que non debemos olvidar!!
Tamén continuamos ca práctica da multiplicación, podedes usar as tablets para a súa practica en dixital. 

QUE DISFRUTEDES MOITO DESTE DÍA DE XOVES!!!!
Ata mañá!!! 
💙💚💛💜💙💚💛💜


Mércores, 1 de outubro de 2025

  MOI BO DÍA!!!!! Comezamos esta xornada dando a benvida a un novo mes que é.... 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏...