domingo, 1 de junio de 2025

Luns 2 de Xuño de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS?????

Hoxe toca darlle a benvida ao mes de xuño!!!!!


Comezamos unha semana moi especial, non só porque estamos no derradeiro mes deste curso, senón porque este venres será a XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!!!!!


Temos que preparar todo moi ben para que veñan as familias visitarnos!!!!!
Así que estes días imos adicar moito tempo ao traballo sobre este tema!!!!!
ESTADES PREPARADAS E PREPARADOS?????

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Aínda así xa sabedes que temos traballo sen rematar así que organizaremos o tempo para adicarnos a todo!!!!!
Todos os luns os nenos e nenas de 2º tedes clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
NOS ÁMBITOS...
1. CALENDARIO: Comezamos novo calendario deste mes de Xuño. Despois completarémolo poñendo a data, a frase do día e o tempo atmosférico.  
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Falaremos da fin de semana e seguimos traballando a poesía. Desexando escoitar as vosas creacións!!
A 2ºB virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós cuestións lingüísticas.

3.ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO:
Faremos os retos matemáticos e continuaremos traballando a multiplicación e outros conceptos novos.

4.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO:  Seguimos traballando no proxecto da materia e as súas propiedades.

QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS!!!!
Ata mañán!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 20 de Xuño de 2025

                                           Bos días!!                Chegou o último día deste curos 2024-25. Escoitade esta canción  EL COL...