domingo, 8 de xuño de 2025

Luns 9 de Xuño de 2025

 MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!

Cómo vos atopades hoxe????
Seguro que xa sabedes que esta semana é case case a última deste curso de 2º!!


É unha semana na que debemos rematar as tarefas e así poder ter unha semana moi divertida a próxima semana!!!!!!!


Ademais temos que preparar todo o material para que o levedes para as vosas casas!!!!!

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Todos os luns os nenos e nenas de 2º tedes clase de Música ca profe Geni.

Os de 2ºA ademáis practicaredes Inglés ca Teacher Rocío.
NOS ÁMBITOS...
1. CALENDARIO: Completarémolo poñendo a data, a frase do día e o tempo atmosférico.  
2.ÁMBITO LINGÜÍSTICO: Falaremos da fin de semana e seguimos traballando a poesía. Desexando escoitar as vosas creacións!!
A 2ºB virá o profe Javier, especialista en Audición e Linguaxe a traballar con nós cuestións lingüísticas.

3.ÁMBITO MATEMÁTICO ARTÍSTICO:
Hoxe coñeceremos a última operación matemática deste curso, a división.
Que é dividir? 



4.ÁMBITO DE COÑECEMENTO DO MEDIO:  Seguimos traballando no proxecto da materia e as súas propiedades.

QUE TEÑADES UN BONITO DÍA DE LUNS E BOA SEMANA!!!!
Ata mañán!!! 
💙💚💛💜


Venres, 29 de maio de 2026

  Bo día a todas e a todos!  ☀️ Por fin chegou o venres! Xa temos o fin de semana aquí mesmo, pero antes de desconectar imos aproveitar este...