luns, 22 de setembro de 2025

Martes, 23 de setembro de 2025

 OLA OLA!!!!

Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂

Cantamos un pouco?????


Pois non sei se vos decatastes de que tamén estamos rematando o mes de setembro aínda que iso será na próxima semana...
No outono son propias as castañas pero sabedes que froita é moi típica do mes de setembro????????
Douvos unhas pistas... "con elas faise unha bebida que os nenos e nenas non poden tomar..., hainas de cor escura e tamén de cor clara..., despiden o ano conosco".




AGORA CHEGOU O MOMENTO DE VER O QUE IMOS FACER NESTA XORNADA DE MARTES!!!

Seguiremos practicando contidos xa traballados para ver como os recordamos á vez que iremos introducindo outros contidos novos para aprender moito mais!!!!!

Despois os de 2ºA e 2ºB tocaravos clase de especialidades de...
 E. F. con Maricha e Antón

Desexamos que teñades un bo día de martes e que disfrutedes moito!!!!
Volvemos mañá!!!
As profes de 2º 💙💚💛💜


Martes, 9 de decembro de 2025

  BO DÍA DE MARTES !!!! Comezamos esta semana no 2º día de semana, iso quere dicir que estamos nunha semana máis curta que as demais pero co...