Comezamos unha nova semana de cole!!!!
Nesta semana chegaremos á metade do mes de outubro, no día 15 recordades????
🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃
E cada vez estamos máis cerquiña da celebración do Magosto e Samaín.
Pensastes xa no que vos ides poñer ese día?????
Imos ambientar esta mañá coa canción dos monstruíños!!!
Antes de dar paso ao encargado imos facer un repasiño de contidos matemáticos para recordar!!!!
Agora si que pasamos ao ENCARGADO ou ENCARGADA deste día para facer a ASAMBLEA.
Durante a xornada de hoxe...
- Traballaremos a Expresión Escrita facendo a tarefa sobre A FIN DE SEMANA!!!!
- Traballaremos as mates practicando contidos.
- Traballaremos a fluidez lectora lendo un novo capítulo do LOBO LUPAS!!!!
Acordádevos que 2ºA e 2ºB tamén teredes clase de especialidades de ...
Desexamos que disfrutedes moito deste día de luns e comezo de semana!!!
Volvemos mañá!!!
As profes de 2º 💙🍀💚🍁💛🌿💜🍂