Damos comezo a unha nova semana deste mes de novembro.
Xa estamos na 2ª quincena de mes, iso quere dicir que o mes do Nadal está moi cerquiña.
Quen ten gañas de Nadal???? Por qué???
Aínda teremos que esperar unhas cantas semanas e pronto chega!!!!!
Tamén estamos cerca dun evento importante, o 25N, recordades ao que se refire esta data?
Pois estes días traballaremos sobre este evento que terá lugar a semana próxima!!!
Agora comezamos coa ASAMBLEA coa ENCARGADA ou ENCARGADO do día... e despois traballaremos no seguinte...
- Traballaremos a Expresión Escrita facendo a tarefa sobre A FIN DE SEMANA!!!!
- Traballaremos as mates practicando contidos.
- Traballaremos a fluidez lectora lendo un novo capítulo!!!!
Acordádevos que 2ºA e 2ºB tamén teredes clase de especialidades de ...
Desexamos que disfrutedes moito deste día de luns e comezo de semana!!!
Volvemos mañá!!!
As profes de 2º 💙🍁💚🍁💛




