Cómo foi a vosa fin de semana????
Damos comezo a unha nova semana deste mes de novembro, a derradeira semana do mes!!!!!
Xa vos contamos o outro día que estamos chegando a un mes moi importante, verdade????
Pois prontiño haberá que comezar coa decoración do Nadal!!!!
Recordamos que hoxe 24 de novembro imos entregar os carteis decorativos sobre o día de mañá, o 25N.
Agora comezamos coa ASAMBLEA coa ENCARGADA ou ENCARGADO do día... e despois traballaremos no seguinte...
- Traballaremos a Expresión Escrita facendo a tarefa sobre A FIN DE SEMANA!!!!
- Traballaremos as mates practicando contidos.
- Traballaremos a fluidez lectora lendo un novo capítulo!!!!
Acordádevos que 2ºA e 2ºB tamén teredes clase de especialidades de ...
ENGLISH coa Teacher Rocío
RELIXIÓN e PROXECTO COMPETENCIAL con Pilar e Silvia.
Desexamos que disfrutedes moito deste día de luns e comezo de semana!!!
Volvemos mañá!!!
As profes de 2º 💙💚💛💜

