martes, 27 de xaneiro de 2026

Mércores, 28 de xaneiro de 2026


Bo día!

Hoxe é mércores, 28 de xaneiro, e comezamos a xornada con enerxía e ganas de aprender. Iniciaremos o día coa asemblea, un momento para organizarnos, compartir ideas e prepararnos para todo o que nos agarda.

Ao longo da mañá traballaremos Matemáticas, resolvendo problemas e poñendo a funcionar a cabeza e tamén leremos un novo capítulo do Lobo Lupas.

Ademais, seguiremos avanzando no mural polo Día da Paz, reflexionando sobre valores como o respecto, a amizade e a convivencia

Durante a xornada tamén teredes Música coa mestra Geni e Ciencias coa mestra Rocío.

Despedímonos por hoxe cun sorriso e con moitas ganas de seguir aprendendo mañá.

Un saúdo,
A profe Sara 💚


Martes 22 de Setembro de 2026

OLA OLA!!!! Estamos de novo no cole xa entrados na estación do OUTONO!!!! 🌿🍁🍀🍂🌿🍁🍀🍂 Cantamos un pouco????? O OUTONO Pois non sei se v...