xoves, 29 de xaneiro de 2026

Venres, 30 de xaneiro de 2026


Bo día a todas e a todos!

Hoxe é 30 de xaneiro, unha data moi especial, xa que celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Un día para lembrar a importancia do respecto, da amizade, da empatía e de convivir en harmonía.

Para comezar a mañá con bo ánimo, imos escoitar a canción “A paz” de Mamá Cabra, unha canción doce e próxima que nos axuda a falar da paz, do coidado e de levarnos ben cos demais, enchendo a aula de música e boas emocións.

DANZA DA PAZ

A continuación, continuaremos a xornada coa nosa asemblea, e despois traballaremos Matemáticas e Linguas, onde seguiremos coa lectura dun novo capítulo de “O libro feroz”.

Máis tarde, tocará moverse e desfrutar na sesión de Educación Física co mestre Antón.

E para rematar este día tan significativo, xuntarémonos todas e todos no salón de actos para completar entre todos o puzzle no que demostramos que, malia ser diferentes, todas as pezas encaixamos, construíndo xuntos un cole mellor e máis pacífico.

Un saúdo,

A profe Sara 💙

Mércores, 25 de marzo de 2026

  Moi bo día, equipo! 🌈✨ Despois de dous días intensos de aventuras fóra do cole volvemos á base con moitísima enerxía. 🚀🔋 Aínda que hoxe...