🌞 Moi bo día, queridas nenas e queridos nenos!
Agardamos que tivesedes unha fin de semana estupenda e chea de momentos felices 😊.
Comezamos esta nova xornada compartindo o noso ratiño especial na asemblea. Hoxe será a encargada ou o encargado do día quen nos acompañe e nos guíe neste momento tan importante para organizar o que imos facer.
Lembramos que hoxe é 23 de febreiro, unha data moi especial en Galicia, porque celebramos o Día de Rosalía de Castro. Para conmemorar este día tan significativo, veremos un vídeo sobre esta gran escritora e descubriremos un pouco máis da súa vida e da súa obra.
Durante a mañá traballaremos tamén Matemáticas, e teremos o noso espazo de lectura 📖, no que continuaremos a gozar dun novo capítulo do noso querido Lobo Lupas 🐺.
Contaremos tamén coa sesión de Inglés coa teacher Rocío, así como Relixión e Proxecto Competencial coas profes Pili e Silvia.
Seguimos medrando e aprendendo xuntos cada día 💙